O meu PLE

O meu PLE
Por Sara Pereira Gómez

Bos días,

Hoxe publico o meu PLE.

Foi realizado en forma de infografía, xa que este é un bo método para axudar a aclarar a información, grazas as súas imaxes e o seu estilo. Utilicei a páxina de easely.com, xa que anteriormente axudoume de maneira eficáz a crear outra inforgrafía.

Neste traballo pretendo mostrar o meu espazo persoal de aprendizaxe. Focalizo a maior fonte de información dende as persoas, os libros e o ordenador, pero principalmente dende as persoas, xa que é con elas con que principalmente xorden as conversas, comparto os meus gustos e disgustos, e xenero a maior cantidade de coñecementos. Xunto con elas busco a información que me interesa nos libros e na rede, contrastándoa nos periódicos, noutras páxinas web ou con outras persoas.

Por outra parte, a mellor forma que teño para organizar e xestionar esta información é escribila e pensala, mediante as ferramentas que me aporta o ordenador ou cunha libreta e un boli.

Finalmente comparto e publico este coñecemento nas redes sociais ou persoalmente cos meus amigos e coñecidos.