A miña foto

A miña foto

No momento no cal Adriana nos preguntou na clase cal era para nos a imaxe mais representativa do noso aprendizaxe nesta materia, non dubidei nin dous segundos en sacarlle a foto ao cartel do master en arte e comunicación ofertado pola universidade.

Con esta imaxe non quixen buscar a orixinalidade nin moito menos, se non ensinar o camiño cara o cal me dirixiu esta materia, a posibilidade de estudar un master vinculado fortemente coas novas tecnoloxías.

Fai cinco meses vivía “atemorizada” e preocupada polo feito de que a tecnoloxía estaba avanzando a un paso axigantado, controlando gran parte das dimensións da miña vida e do entorno que me rodea, algo contra o que loitaba fortemente. Non obstante, este rexeitamento cara as novas tecnoloxías viña provocado polo gran descoñecemento que tiña cara elas: Non sabía que era a w.w.w., I.P, html, https, rss, 3.0, etc… Vivía pensando que esta nova forma de vida controlaba ás persoas e as convertía en máquinas sen utilidade (algo que en certa medida sigo opinando, con matices.) pero aprendín que esta situación só se pode comprender unha vez comezamos a coñecer este novo mundo, cheo de posibilidades, ata o de agora, infinitas.

Temos medo da tecnoloxía cando non a sabemos utilizar, cando actuamos sen coñecer as súas consecuencias e deixamos que nos controle, pero, esta situación cambia cando existe a formación na tecnoloxía.

Grazas a esta materia, construimos pilares básicos de coñecemento dixital, para saber vivir nun mundo cada vez mais tecnolóxico, o cal nos obriga en certo modo a estar continuamente actualizados. Convertimos estas novas ferramentas nas nosas aliadas e poden axudarnos a mellorar a vida das persoas de forma increible.

Por iso, penso que a formación tecnolóxica é un boa vía para o futuro, e por este motivo elixín a foto do master, para poder formarme mais neste campo e seguir coñecendo os segredos da vida tecnolóxica e dixital, sobre todo, para ser unha cidadá crítica e ben formada.

Comentarios

  • Angela Rodriguez

    Me sinto moi identificado con esta entrada. Ese temor de estar rodeados polo imparable avance das tecnoloxías sen saber cales eran as consecuencias, xeneraba en min un rexeitamento cara elas. Esta asignatura axudoume a percatarme das infinitas vantaxes cos que conta a tecnoloxía, sempre que se utilicen dunha maneira responsable e con uns coñecementos básicos.

    Boa reflexión Sara!! Unha apertaaaa Kiss

  • Tania

    Cuanta razón Sara, yo pienso que la tecnología es muy necesario en la actualidad y que es un agobio no saber utilizarla. Yo me agobio rápidamente con el uso de las plataformas o aplicaciones que no se utilizar o que me parecen demasiado complejos pero a la vez se lo necesarias que son y lo importante que es que aprenda a utilizarlas porque se que serán necesarias en nuestro futuro. Creo que todos hemos aprendido lo que destacas en el post durante este cuatrimestre gracias a Stellae y la Tecnología Educativa.