Unha imaxe representativa.

Unha imaxe representativa.
Por Doa

  Nesta imaxe aparecen unhas cadeiras valeiras arredor dunha mesa, preto dos prezados enchufes que todos precisamos para os nosos portátiles e tablets, pero en realidade representan algo máis. Son un dos espazos habituais de traballo en grupo da facultade. Este tipo de traballos convértense nunha marca de identidade para carreiras que se ubican no ámbito do social, non no do individuo illado (como Educación Social ou Pedagoxía). Estes acompáñannos ó longo de todo o Grado, e aínda que en ningunha materia se nos deu pautas concretas de como traballar en grupo (so algunhas directrices), é algo que se foi aprendendo como alumnos autodidactas que nos vimos obrigados a ser.

  Pode que, a nivel persoal sexa unha das cousas máis importantes que “me levo” destes anos de formación, máis alá dos contidos, as habilidades e outro tipo de experiencias (moi enriquecedoras tamén).

  No que se refire á materia de Tecnoloxía Educativa, conservouse e ampliouse esta liña de ensino-aprendizaxe, levándoa incluso máis alá e procurando crear un espazo no que se construíse unha aprendizaxe en rede.