Las prácticas de asesoramiento a centros educativos.Una revisión del modelo de proceso. Domingo Segovia,J (2005).

     Neste artigo,  reflexiónase sobre os complexos  procesos de cambio que acontecen nos centros educativos, así como  da necesidade de establecer determinados modelos de traballo, coas súas fases e características, pero tamén debilidades.

   Realízase unha visión crítica do modelo de proceso e as súas múltiples etapas, destacando a importancia do desenvolvemento dun plan así  como da necesidade de trasladar a propia aula os acordos establecidos no mesmo ; a importancia da autorrevisión da propia práctica  educativa e asesora  ou a necesidade de realizar un proceso de seguimento e avaliación do  propio proceso posto en práctica.

   Logo de  que a mestra nos comentara hoxe  na clase a relevancia deste autor no marco do asesoramento educativo, pareceume interesante rescatar este  artigo.

     Espero que vos sexa de utilidade e vos incite a reflexión. Un saúdo.