Adriana Mayán

Traballadora, arriscada, soñadora, comprometida e sociable.

Tratamento do profesorado na LOMCE

Tratamento do profesorado na LOMCE
Por Adriana Mayán Comentarios (2)

A raíz da folga que tivo lugar os días 21, 22 e 23 de outubro en contra da nova lei educativa LOMCE e as medidas desta, recomendóusenos dende a materia Formación e desenvolvemento profesional do profesorado e pareceume interesante indagar acerca de como dita lei repercute no tratamento do profesorado. Tras moito indagar, atopei o presente arquivo o cal me pareceu moi conciso e aclarativo sobre o tema.

O devandito documento leva por título "Impacto da LOMCE nas condicións laborais do profesorado da ensinanza pública". Nel vanse nomeando unha serie de medidas que afectan ó profesorado, ubicándoas dentro do artigo correspondente e logo preséntanse cales son as consecuencias e as observacións ó respecto, ofrecendo datos estatísticos de todo elo. Así sucesivamente con cada unha das medidas.

En xeral, de todas as medidas de impacto que se presentan en dito archivo considero como principais e que máis me chamaron a atención ou resaltaría as seguintes:

Perda do emprego fixo e interino (aproximadamente perdéronse máis de 20.000 prazas de funcionarios de carreira e de interinos dende o ano 2013 ).

Incorporación de expertos en linguas estranxeiras (diminuíndo a oferta pública de emprego do profesorado).

Incorporación ó concepto de currículo a metodoloxía(restrición no seu exercicio profesional sobre a liberdade de escolla do tipo de metodoloxía de ensino-aprendizaxe, despreciando así a formación dos profesores).

Probas de avaliación externa na Primaria e na ESO (repercutindo nas condicións organizativas do propio docente e desprestixinado as súas competencias, esforzo e traballo).

- Desenvolvemento da FP Básica (incorporación dun maior número de alumnado pero menor a inversión e dotación de profesorado e medios).

Probas de admisión FPGM e FPGS (para acceder da FPB a outros FPM ou FPS terá que superar unha serie de probas que afectarán nas condicións organizativas do traballo do profesorado).

Proba final e externa en 3º de Primaria e o final do Bacharelato (supón un desprezo e desvalorización das funcións e traballo do profesorado).

Compactación no Bacharelato (ó non obrigar a unha oferta xeneralizada de materias suporá unha redución do número de profesorado necesario, producíndose así moitos despidos inoportunos).

Co que se presenta no arquivo e co que eu mesma resaltei faise referencia a que todo isto supón unha gran catástrofe para a educación en xeral e para o profesorado en particular posto que o goberno pretende crear ou suprimir especialidades docentes  dentro da función pública docente. En definitiva, todas estas medidas que se queren impor dentro da nova ordenación académica e educativa da LOMCE son un claro exemplo de que poñen en perigo o futuro profesional dos nosos docentes, desvalorizándoos completamente e aloxándoos así do seu cometido que é de ensinar libremente.

image

 

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Ben Adriana, os tempos que corren esixen unha alerta continua xunto a fuxir de calquera simplismo. Para facer isto, nada mellor que un coñecemento informado sobre a realidade. Non te canses en manter este compromiso.

    Saúdos

    Lourdes

  • Olaia Gude Urdangarín

    Boas Adriana

    Unha viñeta moi representativa dunha realidade moi triste... estas medidas das que falas non só perxudican ó profesorado, se non tamén ó alumnado, e, en definitiva, ó conxunto da calidade do sistema educativo.

    Un saúdo