Brétema Parras Vázquez

"Vive como si fueras a morir mañana, aprende como si fueras a vivir siempre"- Mahatma Gandhi

25 N contra a violencia de xénero

Hoxe é o día contra a violencia de xénero, fixen este cartaz para a Liga Estudiantil de CC. da Educación e podedes velo en fronte da cafetería.

Quería plasmar a toxicidade das etiquetas e da agresividade externa que sofren/mos moitas mulleres ao longo da nosa vida e da Historia. A máscara anti-gas servéndose de barreira fronte os impedimentos e violencia externos a modo de simbolizar as loitas, a Educación, o orgullo, o bater forte do corazón, as ilusións e a perda de medo das mulleres e nenas que superaron e superamos os obstáculos así como aquelas que non o conseguiron e que morreron no intento ou que seguen atrapadas baixo grilletes culturais e machistas. Sempre fortes e loitadoras!

Cuestión: Vós que palabras ou frases discriminatorias que vos dixeron ou escoitastedes odiades?

 

Comentarios