Técnica do puzle de Aronson

Técnica do puzle de Aronson
Por Paula Calo Fernández

Nos procesos de ensinanza- aprendizaxe existe un gran abanico de técnicas de estudo que facilitan a asimilación e reforzan os coñecementos. A semana pasada estivemos traballando co Plan Anual de Formación do Profesorado, na cal a mestra dividiuno en apartados, logo asignou cada un deles a un grupo para que o traballara, para que posteriormente cada un deles comentara para toda a clase sobre o seu apartado. Así, a continuación, falarei da Técnica do Puzle de Aronson, ca cal xa tiven ocasión de traballar, é foi unha experiencia moi satisfactoria, porque nos permite tratar o tema para a adquisicion de coñecementos dunha maneira simple e motivadora, que a vez che permite aprender novas competencias e estratexias, tanto para traballar individualmente coma en grupo.