• Archivos
  • Silvia
  • A tecnoloxía, un acercamento na distancia e un distanciamento na cercanía.

A tecnoloxía, un acercamento na distancia e un distanciamento na cercanía.

Pequena reflexión sobre a modificación de relacións que se está dando por mor do uso das novas tecnoloxías.

Comentarios

  • Silvia

    O documento de Word está composto por dúas imaxes moi significativas que reflexan perfectamete o que quero plasmar.

    Durante a expositiva do 10/03/2015 surxeu un debate na aula sobre a transformación que se está dando xa non no noso estilo de vida, se non no estilo de relacionarnos entre nos, logo da implantación das TIC no noso día a día.

    A miña opinión e que as tecnoloxía consiguen acercarnos ás persoas que temos máis lonxe de nos, xa que nos permite poder falar, ter contacto e incluso vernos a través da web cam;pero pola contra alónxanos das persoas que temos máis preto de nos, xa que en moitas ocasións lle prestamos máis atención ao móbil que ás persoas que se atopan con nos nese momento.

    Isto último provoca unha baixada da calidade nas rerlacións cara a cara o que supón que cada vez vamos a estar máis predispostos a empregar as tecnoloxías para relacionarnos. Sen ir máis lonxe,  coñecezo algún caso de  familias que se comunican a través de whatsapp a pesar de estar na mesma vivenda.

  • sandra picos sanisidro

    Estoy completamente de acuerdo contigo Silvia, las tecnología están rompiendo las barreras del espacio y del tiempo y nos permiten comunicarnos con personas de cualquier parte del mundo. Lo que no podemos  es anteponer las relaciones mediante ordenador o teléfono móvil a las relaciones cara a cara.  

  • Olalla Muñiz Rey

    Moi boas as imaxes, creo que reflexa perfectamente o que ocorre na actualidade; na maioría das ocasións somos incapaces de disfrutar das relacións coas persoas que nos rodean, cando por medio temos tecnoloxías ás que lles prestamos demasiada atención.

  • Silvia

    Con respecto ó que se comenta neste debate gustaríame engadir que, na miña opinión xorde así un novo reto para a escola como formadora dos usuarios das TIC. Deberíase ensinar cal é a mellor maneira de empregar as TIC sen que estas interfiran nas relacións persoais e na cultura de comunicación xa existente para conseguir así diminuír os seus efectos negativos pero manter as consecuencias positivas do seu uso.