A pizarra como antiga e nova tecnoloxía

Na primeira sesión expositiva da materia realizamos unha tormenta de ideas para dicir, ao noso parecer, palabras relacionadas ca tecnoloxía, e na segunda sesión continuamos co mesmo tema para ampliar ou recapacitar sobre si as que dixéramos anteriormente.

Aquí comparto a imaxe da pizarra da primeira sesión por si vos é de axuda, xa que ao meu parecer o sacarlle unha foto fai que esta actividade poida ser recordada ao longo desta materia e poder ir engadindo ou discutindo o seu contido, así como, unha vez chegados ao final do cuatrimestre poder votar unha ollada atrás e ver cal era o nos punto de partida e ata onde chegamos.

Ademais disto, quería engadir algunhas palabras que teñen relación ca tecnoloxía e se me foron ocorrendo tralo paso dos días como son:

- Facilitación, principalmente cara o aforro do traballo por parte das persoas.

- Privacidade, aspecto de moita importancia sobre todo no relativo aos nosos datos persoais e demais temas privados que podemos chegar a colgar na rede.

- Seguridade, moi ligada á anterior, xa que un uso eficiente das novas tecnoloxías debe ser tamén un uso seguro.

- Avance e retroceso, aspectos abertos a debate xa que cada un terá a súa perspectiva sobre se as tecnoloxías son un avance en todas as súas aplicacións ou si polo contrario poden supoñer un retroceso.

- Cambio, referíndome principalmente aos cambios producidos gracias ao emprego das novas tecnoloxías como son nos campos profesionais, no campo educativo ca implantación de novas técnicas de aprendizaxes, e sobre todo refírome aos cambios producidos na sociedade e nas súas formas de relacionarse e de interactuar.