Búsquedas na rede

Na pasada sesión interactiva da materia centrámonos na búsqueda de información na rede, en como facemos nos esas búsquedas, os procesos e as metodoloxías que empregamos para acadar resultados. Básicamente dicir que por maioría non facemos unhas búsquedas que sexan moi frutíferas, obtendo unhas cantidades de resultados desorbitadas e fora do noso alcance á hora de poder darlle atención e analizar dita información.

A raiz disto quero compartir un documento no que se dan indicacións para realizar búsquedas mais directas e cun maior grao de seguridade; este arquivo pertence ao Proxecto H.O.L.A. (Herramientas para la Orientación Laboral de Asturias) da Comunidade Educastur, servizo do Principado de Asturias de información a estudantes, familias, profesorado e centros e institucións en relación a formación, recursos educativos e de xestión entre outras informacións.

Espero que vos sexa de interese. Un saúdo.