sandra picos sanisidro

"lo más importante no es saber lo que uno tiene, sino lo que uno vale"

Riesgos y posibilidades de las redes sociales

Las redes sociales pueden ayudarnos a sentirnos más cerca de personas que geográficamente esta lejos pero si no las utilizamos con precaución pueden resultar sitios peligrosos

Comentarios

  • Borja Lapido Tubío

    Resúltame unha moi boa ilustración do tema mediante as imaxes que puxeches, pois como demostra a primeira delas, no caso de non ter a certeza de con quen estamos tratando na rede, e para mais nas redes sociais, poden ser unha mala experiencia e ata acabar tendo serios problemas ao respecto; sen embargo, como se demostra na segunda imaxe e tal e como dis ti, na maior parte dos casos serven de vía de comunicación con aquelas persoas coas que temos certas relacións ou apegos e cos que non podemos estar todo o que quereríamos por motivos de distanciamento. No meu caso o uso do Facebook é case expresamente para ese uso, falar con amigos e familiares cos que non teño ocasión de estar con eles ou de velos sempre e cando me gustaría.

    A todo isto, o tratamento do uso, mais ben do bo e eficiente uso, das redes sociais debería ser un tema que se tratara xa dende niveis escolares como finais da Educación Primaria ou xa a comezos da Educación Secundaria, xa que cada vez os usuarios das redes sociais son mais novos e necesitan saber que o uso destas ten as súas consecuencias.

    Con este tema remítome a unha noticia que comentei nun blog fai uns tres días e que trataba o tema das redes sociais e a seguridade nelas.

    Finalmente dicirche que esta entrada me parece moi interesante e que me chamou moito a tención, principalmente polas imaxes. Un saúdo.