Decreto 130/2007 Currículo da Educación Primaria en Galicia

Subo este decreto porque falamos de el na clase e o anexo V é especialmente interesante dentro do campo da Tecnoloxía Educativa, xa que se trata do "Plan de introducción das tecnoloxías da información e da comunicación".

Neste plan sinálase que cada centro deberá ter o seu plan propio de introducción ás novas tecnoloxías no ensino-aprendizaxe, pedindo así que se acade a competencia dixital ao rematar esta etapa educativa para poder seguir avanzando correctamente. Tamén fala dos recursos que deberán ter e cómo deberán traballar.