Infografía

Esta é a infografía realizada nas sesión interactivas sobre o tema da búsqueda de información e a súa organización. Para realizar dito traballo empreguei a páxina "http://www.easel.ly/" e a páxina "http://www.iconarchive.com/" para a selección de imaxes. Tamén empreguei "http://blog.oraquo.com/ensenando-monitorizacion-en-ntic-master/" para a selección dunha imaxe.

Tras o visto nas sesións interactivas sobre dita temática, elaborei esta infografía para poder ter de forma organizada e resumida os contidos traballados. Coido que un dos aspectos centrais deste temática é o da organización da información, debido a que podemos ter gran cantidade de datos pero senón sabemos como empregalos non tería ningún valor. Debido a isto din un maior espazo na infografía á organización da información, pois penso que un uso correcto dela nos pode favorecer na creación dun coñecemento rico e útil.

Penso que ditas páxinas para a creación de infografías son útiles para o estudo, permitíndonos o resumo da cantidade de apuntes que temos, aínda que moitas veces preferimos non realizalas polo simple feito de que nos amarga e poñernos a estudar por algo que nos vai resultar máis complicado de entender. Coido que páxinas como a de "easel", me poden favorecer esta tarefa, polo que non se trata de quedarme no simple coñecemento de que existen, sen ter unha actitude positiva a empregalas.