infograma

Aquí vos deixo o meu infograma sobre todo o dado ata o de agora na materia de tecnoloxía educativa. Espero que vos sexa de utilidade.

Foi elaborado atraves do programa online http://www.easel.ly/create/ e nel intento representar todo o aprendido con respecto á búsqueda e organización da información ademáis de aspectos relacionados ca curación de contidos.

Antes de comear a cursar esta materia as miñas principais fontes de información eran google e en algunhas ocasións dianet. Logo de moitos contratempos e erros fun aprendendo outras novas como yippy ou dogpile, que non son só buscadores se non que van un pouco máis alá, son metabuscadores. Tamén aprendin ferramnetas novas como os booleanos ou pequenas estratexias como poñer comillas para que se busque unha frase de maneira literal.

No relativo á organización da información descubrín unh variedade de ferramentas gracias as cales estar actualizada en canto as paxinas que conteñan información que me interese (por exempo os RSS ou os marcadores sociais). Tamén aprendín unha maneira más prácticas que os favoritos para ter todas as páxinas que adoito visitar en un mesmo lugar, son os escritores virtuais, por exemplo Symbaloo.

Para rematar no referente a curación de contidos coñecin a páxina Scoop.it que permite transformar a información e os datos en coñecementos.

Durante o meu proceso de aprendiaxe atopeime co principal obstáculo de que considero que partía de cero xa que como comentei anteriormente tiña unha serie de ferramentas moi limitadas. Espero continuar aprendendo xa que estas competencias sonme moi útiles no día a día para a realización de practicas e trabalos, e serano no futuro ó longo da miña vida laboral.

un saúdo

Comentarios

  • María José Nemiña

    Vendo a túa Infografía, doume de conta de que realizamos un resumo bastante parecido, pois destacamos practicamente os mesmos aspectos.

    Por outro lado, paréceme que está moi ben que acompañes o esquema cunha explicación teórica, para ampliar un pouco a información.

    Un saúdo Silvia :)