Lucía

"Para enseñar a un niño se necesita más corazón que ciencia"

Infografía sobre Tecnoloxía Educativa

Como me gustou bastante a páxina e, asemade, vinlle moita utilidade as infografías e sobre todo as oportunidades que se nos brindan en canto a modelos, emoticonos, imaxes ou temáticas, animeime a facer outra pero coa temática propia da materia, é dicir, o que o seu propio nome indica: Tecnoloxía Educativa. Intentei facer unha transición histórica guiándome polos meus apuntamentos de aula e indicando, desde o meu punto de vista, os aspectos máis relevantes de cada unha das etapas. Espero que non acabe o meu traballo coas infografías e que poida seguir descubrindo modelos que me axuden a esquematizar e, de cara a un futuro, presentar traballos ou proxectos.