O meu PLE

Aquí deixo aquí o meu PLE. Aínda que cun formato bastante clásico, intentei reflexar de xeito visual o que eu asimilei como concepto de Entorno Persoal de Aprendizaxe dende unha perspectiva metáforica.
Decidín distribuír as ferramentas que emprego sobre as partes dunha árbore (a miña formación). Para min analizar como enriquezo a miña aprendizaxe a través de diferentes medios fíxome reparar no pararelismo entre a evolución do coñecemento e o medrar dunha árbore.
Alimentándome do que leo, e asentando o que aprendo na información que atopo e consumo vou creando as raíces da miña aprendizaxe (ler e informarme).
O "consumido" consolídase coma un tronco a medida que imos cuestionando o que lemos, cando reflexionamos sobre o que bebemos comezamos a facelo propio e a crear cousas novas (reflexionar e crear).
Por último, imos expallando entre a pluralidade das ramas as ideas propias que floreceron en nós, facendo unha aportación ao mundo e recibindo a través delas o que o mundo nos ofrece para, coas súas propostas seguir "alimentándonos" (compartir e interactuar).