Infografía sobre as Tics

Nunhas das primeiras clases expositivas falouse sobre se aqueles instrumentos que utilizamos cotidianamente na aula son entendidos como tecnoloxías ou non. Por exemplo, un bolígrafo enténdese como un instrumento tecnolóxico? Penso que a resposta é que si, porque no momento de seu descubrimento posibilitou unha nova forma de escritura. Sen embargo co paso do tempo e debido ao seu uso deixamos de considerar tal instrumento como unha tecnoloxía, aspecto no que creo que inflúe a aparición das Tics no ensino, como ferramentas que supoñen algo totalmente novo e descoñecido e que ofrece múltiples posibilidades. A pregunta que me formulo é se co uso continuado das Tics, deixarán de ser tamén consideradas como tecnoloxías? Penso que é unha resposta que poderemos contestar co paso do tempo.

En relación a todo isto dedicín elaborar unha infografía acerca daqueles instrumentos incorporados na actualidade ás aulas e o correspondente recurso material ao que sustitúen (non en todos os casos, posto que moitos dos recursos tradicionais seguen sendo empregados)

Con respecto a isto, penso que tanto as novas tecnoloxías como os recursos materiais de sempre poden convivir nun mesmo espazo, buscando sempre un uso equitativo dos mesmos, a fin de que se melloren os procesos de ensino-aprendizaxe.

Fontes:

http://www.easel.ly/

http://www.iconarchive.com/

https://sites.google.com/site/enceradodixitalint/