Alfabetizacións múltiples

Buscando na Internet sobre o visto na última sesión expositiva na que se falou sobre aprendizaxes múltiples atopeime coa imaxe que aqui presento, que nos mostra algunha das habilidades necesarias para a actual sociedade da comunicación. Co obxectivo de obter máis información tamén encontrei un pdf sobre o cal profundizar mais sobre o visto na clase.

A alfabetización múltiple é algo que esta presente actualmente e xerada como consecuencia dos avances dixitais. De tal xeito, penso que ditos avances nas tecnoloxías non foron acompañados dun desenvolvemento crítico sobre o uso dos mesmos, é dicir, que non se produciu un desenvolvemento en paralelo entre uns e outros. Isto leva a unha necesaria adquisición de destrezas básicas que nos permitan un uso correcto de toda a cantidade de información que a era dixital pon o noso alcance. 

Ao mesmo tempo, se non temos a capacidade para determinar que tipo de información é correcta e non temos desenvolvidas as competencias necesarias para a era dixital, ¿porque seguimos empregando ditas tecnoloxías? Penso que unha das posibles respostas a isto é que a aparición das novas tecnoloxías facilitou a nosa forma de relacionarse e de comunicarse, obtendo calquera tipo de información ao instante, sen necesidade de agardar. Por exemplo agora, dende un teléfono intelixente, podemos consultar que tempo fará ao longo do día nada mais levantarnos, mentres que fai uns anos para realizar dita consulta era necesario ter a man un periódico ou ver o telexornal. Polo tanto, para unha sociedade cada vez máis metida na era dixital, é necesario desenvolver unha serie de competencias ou alfabetizacións múltiples que nos permitan determinar que tipo de páxinas presentan información correcta e cales non, que datos dos que se nos proporcionan son reais ou non.... Coido que para elo as propias tecnoloxías deberían ser moldeadoras dunha conciencia crítica acerca do seu uso, ademais da necesidade dun cambio de rumbo nas prácticas educativas, posto que a educación de hoxe en día segue a desenvolverse como un proceso para a preparación e o desempeño dun posto de traballo, mais que para crear cidadáns críticos e creativos coas novas tecnoloxías. Tamén é algo que como pedagogos nos compete, de xeito que nos mesmos deberiamos ter conciencia e coñecemento das alfabetizacións necesarias na actual era dixital.  

Fontes: 

http://www.terras.edu.ar/cursos/132/biblio/132La-dimension-digital-de-la-alfabetizacion.pdf

http://educalab.es/cniie/lenguas/alfabetizaciones-multiples