Creative Commons

Esta semana na clase expositiva falamos de alfabetización dixital (tema que xa comentei nun blog) e tamén de Creative Commons. Mentres estaba buscando a imaxe que vos ensino, vin que Yaiza tamén fixo unha entrada sobre isto e preguntaba se esta iniciativa nos axuda a promover a cultura popular. Rotundamente lle dixen que si, xa que ao meu parecer as formas de promover e mante ra cultura no tempo cambian, dende o boca a boca, pasando polos libros en papel, e agora as redes sociais e demais plataformas que nos permiten compartir o noso coñecemento en rede. 

Aqui é onde entra Creative Commons, según entendín, como unha maneira de que os autores de distintas publicacións poidan deixar o Copyright das súas obras aberto ás persoas, dándolle tamén distintos niveis de privacidade; xa que permite a súa copia literal, copia con modificacións ... 

A imaxe atopeina en Pinterest (o meu novo vicio, que non a cancioncilla de moda), e trátase dunha infografía que publica David Álvarez fai un ano no seu perfil da rede. Podedes seguilo aqui: https://www.pinterest.com/balhisay/ 

Espero que vos axude a clarificar o concepto!

Álvarez, D. (2014) ¿Qué son las licencias Creative Commons? #infografía. Recuperado o 11 de abril de 2015 de  https://www.pinterest.com/pin/33847434672907942/