Infografía acerca das temáticas abordadas na materia

Unha infografía é unha especie de esquema no cal empregamos imaxes e texto. Trátase, polo tanto, dun xeito mais visual de plasmar a información, o que contribuirá a unha mais fácil comprensión.

A través de presente infografía pretendo plasmar as temáticas abordadas ate o de agora na materia. Fago referencia, pois, ao manexo da información na rede. As diferentes estratexias e ferramentas que empregamos para ilo, formar o noso PLE. Nesta infografía evidéncianse as diferentes fases do mesmo e as ferramentas que se poden empregar para optimizar o noso uso da información.