Triste realidade

Atopei esta imaxe que representa un pouco a sociedade actual. Onde deixamos de interactuar cas persoas que temos ao lado para interactuar básicamente cos nosos móviles. Espero que remova algunhas conciencias.

Comentarios

  • david reboredo gutiérrez

    A verdade é que a imaxe si fai reflexionar sobre o uso que os nosos rapaces lle dan ás novas tecnoloxías. En comentarios anteriores relacionados con esta temática, dixen que a mellor forma de aprenderpara os nenos era a través do xogo no seu entorno natural, é dicir, a través do contacto con outros e outras compañeiras. Deste xeito penso que se debe establecer un certo control sobre a utilización dos videoxogos e as maquinitas de xogar dos máis pequenos, co fin de que interactúen con outros rapaces a aprendan por eles mesmos valores como a cooperación e a solidariedade cos demais. 

  • Raquel Vázquez

    Esta foto mostra claramente a infancia que hai hoxe en día, xa que incluso no parque podemos atopar nenos sentados xogando cos seus móbiles, tablets, etc. Parece que prefiren comunicarse a través da tecnoloxía e non cara a cara. O problema considero que está nos límites que os pais lles poñen ós nenos, porque a tecnoloxía pode aportarlle moitas cousas boas, tanto na aprendizaxe como na comunicación, pero se as empregan en exceso poden conseguir que se illen do resto, que non pensen máis que en xogar, etc. Así que penso que sería interesante contar cunha educacion en e para as novas tecnoloxías tanto para nenos como para pais. Moi boa foto!

     

  • Silvia

    Na miña opinión, sería papel tanto da escola como da familia, darlles ós nenos as competencias necesarias para organizar o seu ocio de unha maneira variada e adecuada á súa idade.

    É a nosa tarefa transmitirlles para que e cando é preciso e productivo empregar as TIC, pero tamén é necesario mostrarlle o mundo real, a natureza, xogos tradicionais... Non podemos relegar, por comodidade, á educación dos nosos fillos a unha pantalla.

  • Rocío Rodríguez Estévez

    Sin duda es una situación completamente normal a día de hoy, preferimos perdernos en nuestra realidad virtual en vez de aprovechar los verdaderos privilegios que la vida no ofrece. Incluso me atrevería a decir que las nuevas tecnologías convierten a los niños en adultos antes de tiempo. Digo esto porque no es la primera vez que me siento en una terraza y veo como los niños más pequeños juegan pero como otros de 10 y 11 años ya se sientan con sus amiguitos a ver sus telefonos móviles, a hacer fotos u ver vídeos. Los niños ante todo tienen que ser niños.

    Estoy de acuerdo con muchas noticias que he leído sobre la utilidad de las TIC para el desarrollo del aprendizaje y la creatividad de los más pequeños, sobre la existencia de apps con distintas posibilidades para los niños, sin embargo es normal que vea a un niño de 3 años, aún en un carrito manejando un Iphone?, que ni yo lo entiendo ;(.

  • Nuria Rodríguez

    A imaxe creo que representa bastante ben a realidade na que nos atopamos como levamos decindo no transcurso da materia e en diversos blogs e comentarios. Na miña opinión, dende a casa e o colexio deben xogar un papel importante para que os máis pequenos sexan conscientes da mal uso que lle estamos dando as novas tecnoloxías, pois en vez de para facilitarnos a vida en moitas ocasións o que fai e empeorala.