¿Ata que punto innovar?

Espero que esta imaxe vos faga reflexionar ata que punto son necesarias as novas tecnoloxías na educación e para que é necesario utilizalas.

Comentarios

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Boas tardes Judith. Principalmente o que me reflexa esta imaxe é un evidente uso das tecnoloxías na escola. En relación á túa pregunta, penso claramente que é preciso innovar, pero non precisamente única e exclusivamente como o fai o profesor nesta imaxe.

    Na actualidade que vivimos é preciso tomar en consideración as tecnoloxía nos procesos de ensino aprendizaxe, o cal non conleva que as aulas sexan lugares onde os aparellos tecnolóxicos abranguen a totalidade. A importancia da tecnoloxía non reside na mesma como tal, senón que no uso produtivo que fagamos da mesma. Polo tanto, debemos tomar en consideración a tecnoloxía para a ensinanza facendo fincapé en variedade de aplicacións, programas, xogos... que respondan a unha serie de contidos, necesidades, coñecementos...

    Espero haberme explicado. E ti, que opinas?

  • Judith Viqueira Díaz

    Penso o mesmo ca ti por eso puxen esta imaxe, xa que hai moitos profesores que a único que se dedican e a utilizar coma neste caso o proxector para algo que se podería facer co xiz e penso que estas novas tecnoloxías deberían ser utilizadas para algo máis productivo e sacarlle máis proveito xa que se pode dispoñer delas.

    Penso que coa utilización das novas tecnoloxías poderíase lograr un mellor aprendizaxe, dunha maneira máis interactiva e mais amena, xa que vivimos no mundo das novas tecnoloxias e estas son necesarias. Penso que o empeño dalgúns profesores por querer seguir o tradicional e por outro lado aqueles profesores que utilizan estas novas tecnoloxías como o da imaxe, fai que os alumnos perdan o interese por seguir aprendendo.

    Polo que comparto totalmente a túa idea de que se debería facer un bo uso das novas tecnoloxías que temos ao noso alcance para acadar así un aprendizaxe óptimo.