Collage

Collage
Por Estela Villarino

Imaxino que todas/os coñecemos a expresión "máis vale tarde que nunca" polo que, a pesar das datas, non quero deixar de compartir con vos o traballo que realizamos fai unhas semanas Sara, Rocio e máis eu na facultade. 

Trátase dunha actividade na que debíamos realizar un collage, repleto de fotos, que representara o que para nos era a Tecnoloxía. As fotos debían ser sacadas co noso móvil, en horario de clase, e empregando como escenario a Facultade. 

Tras un breve percorrido polas instalacións, e despois de fotografiar unhas 20 imaxes, decidimos, conxuntamente, que o resultado final sería o exposto. Para nos a Tecnoloxía non soamente se representa nos ordenadores, nas pizarras eléctricas e nos demáis instrumentos electrónicos que conforman unha Facultade na actualidade. Non obstante, consideramos que os libros, por exemplo, tamén son un gran recurso de aprendizaxe que, hoxe en día quizáis non pero, no seu momento foron considerados como tecnoloxía, así como a patente da roda.

En consecuencia, no Collage, tratamos de plasmar a mezcla das dúas perspectivas. Por unha parte fotografiamos calquer utensilio pensado por nos como Tecnolóxico, así como a pantalla eléctrica, o cañón, a impresora, a máquina de refrescos, etc..e, por outra parte démoslle o seu lugar, tamén, ós libros, murais e carteis.