O antes e despois na Industria do cine

O antes e despois na Industria do cine
Por Rocio Dominguez

Ola a todos! 

Atopei hoxe esta imaxe que me resultou moi interesante ao mesmo tempo que se relaciona coa coa materia.

Á esquerda podemos ver ao famoso cineasta George Lucas co que foi parte do decorado e das figuras nos primeiros filmes da saga de Star Wars.

Como podemos ver, antes, tanto os escenarios, os entornos como os efectos especiais acarreaban un gran traballo manual e a utilización de diversos materiais.

Actualmente, isto foi sustituído polo que se coñece como "croma". O croma é esa especie de pantalla verde que vemos á dereita onde se proxectan os contornos, escenarios e no que se proxectan moitos efectos especiais.

Pareceme un gran contraste entre unha imaxe e outra.

Un saúdo!

Imaxe recuperada de: http://www.femenino.info/ocio/el-antes-y-el-despues-de-la-tecnologia/14/