A TECNOLOXÍA NA ACTIVIDADE UNIVERSITARIA

Quixen seleccionar este artigo, elaborado e publicado polo Departamento de Pedagoxía Aplicada no ano 2007, porque me pareceu de especial interese para os que recibimos unha formación dende a  Educación Universitaria en particular, pois mostra dun xeito pormenorizado o impacto das TICs na ensinanza universitaria, recóllense nel os numerosos cambios que se están a producir neste eido, tecnoloxicamente falando, nos catro ámbitos principais da actividade universitaria como son a docencia, a investigación, a xestión e a presenza no entorno social.