As bases pedagóxicas do e-learning

En relación ó visto na clase acerca do concepto e-learning e as súas características, fixen unha búsqueda sobre isto empregando como recurso a Revista de Universidade e Sociedade do Coñecemento (RUSC) e foi nela onde dei con este artigo elaborado polo catedráctico de Didáctica Julio Cabero.

A consulta do mesmo resulta de grande interese e utilidade para profundizar en dito concepto, pois nel preséntase unha visión conxunta das súas características máis significativas tras ofrecer unha definición do mesmo así como as diferenzas establecidas coas modalidades presenciais da ensinanza e o análise das súas vantaxes e inconveninentes.

Ademais nel, Cabero pón de manifesto a importancia do e-learning para a formación, indicando que esta non radica na dimensión técnica do concepto senón máis ben no control e significación dunha serie de variables tales como a forma de presentar os contidos, o papel que exercen profesores e alumnos, as ferramentas de comunicación empregadas, a atención ós aspectos organizativos  e as e-actividades levadas a cabo, entroutras moitas.

Falamos pois daquelas acción que empregan a Web como medio e recurso para a realización de actividades formativas, independentemente da utilización doutro tipo de instrumentos para aplicar tales actividades.