Sensibilización do profesorado universitario no uso das TIC

Nesta entrada quero reflexionar en voz alta sobre a concepción que eu mesma teño acerca da necesidade da sensibilización dun segmento do profesorado universitario no referente ao uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación no ensino.

Durante os case tres anos que levo sendo alumna universitaria atopeime con perfís de profesorado moi diversos e contrapostos entre sí. Por unha banda, déronme clase docentes preocupados polo uso deste tipo de ferramentas informáticas e tecnolóxicas e polo seu uso e, pola outra, tamén o fixeron profesores que claramente amosaban rexeitar esta innovación virtual. A onde quero chegar con isto?

Hai uns días estaba lendo un artigo, que vos deixo incrustado na entrada, que fala da necesidade coa que se atopa a sociedade de adaptarse ás novas formas de vida que foron xurdindo ao longo da historia. Afirma que unha gran transformación para a humanidade foi o descubrimento da agricultura, que deu un xiro na forma de vida dos humanos da época, seguida da Revolución Industrial que, como ben indica o seu nome, transformou unha sociedade agrícola nunha industrializada. Establece, do mesmo modo, unha Revolución da chamada Sociedade da Información como un feito histórico de gran relevancia e que tamén muda a forma de vida dunha sociedade cada vez máis virtualizada.

Expresa que é fundamental que o profesorado asuma a responsabilidade de conseguir a transformación da Sociedade da Información nunha Sociedade do Coñecemento ou, mellor dito, en Sociedades do Coñecemento. Para iso é preciso que incorpore estratexias innovadoras que permitan, non só o uso do Power Point como apoio ás transparencias dunha clase baseada na didáctica da exposición, senón tamén que o alumnado adquira un rol activo que lle permita responsabilizarse do seu proceso de coñecer e formar coñecemento mediante o uso e o apoio das TIC. E aquí é a onde pretendía chegar: considero que eses profesores que mencionaba con anterioridade como persoas que rexeitan este tipo de innovación deberían formarse e sensibilizarse co obxectivo de lograr un cambio de actitude. É inútil negar o cambio e negarse a cambiar con el adquirindo novas concepcións xa que, de facelo, eu penso que o único que se consegue é que os discentes cada vez posúan máis coñecemento do campo das TIC que o profesor e que este desfase chegue a supoñer unha barreira entre ambos.

Deste xeito, os docentes e as docentes teñen que ser máis que uns expertos en contidos da súa rama do saber, deben ser conscientes de que é recomendable que adquiran tamén unha postura de facilitadores da aprendizaxe na que empreguen novos currículos e estratexias didácticas acompasadas coa realidade do tempo que estamos a vivir.

Tedes vós a mesma opinión ca min? Gustaríame sabelo.

Comentarios

  • Nerea Patiño Fontenla

    Logo de ler a tua aportación, quería indicar que estou dacordo contigo cando apuntas ás diferenzas que nos atopamos co profesorado ao longo da carreira. No mesmo senso que ti apuntas, considero necesario tamén que o profesorado se implique e se actualice no coñecemento das novas tecnloloxías, para que cando menos, sexan quen de non poñer trabas á hora de empregar estos medios. Ademais, nos tempos en que estamos a vivir, é necesario que se percaten desa necesidade de actualización, xa que é innegable que as novas tecnoloxías asumen o papel de seren claras mediadoras na aprendizaxe e é necesario que ao igual que os discentes, eles tamén traten de mellorar e dominar a súa competencia dixital.

  • Andrea Bermúdez

     

    Hola Noa. Después de leer tu reflexión me gustaría compartir tu aportación sobre la importancia de un cambio de paradigma en la forma de entender la metodología para impartir clase. Estamos de acuerdo en que la educación es el hilo conductor mediante el que se construye, y si le queremos incorporar la dimensión tecnológica, está claro desde donde hay que comenzar a construir: el profesorado. Ciñéndome al perfil de docente que describes, es completamente contradictorio la información que recibimos por parte de ellos sobre la importancia de adaptar las prácticas educativas al contexto y a las características de los usuarios, cuando ellos mismos rehúsan de emplear e incorporar en esas prácticas las TICs, siendo la tecnología uno de las principales características del contexto de muchos colectivos sociales. Es por ello, que como bien apuntas y ampliaba Nerea, deben someterse a una renovación en las herramientas en las que se apoyan para impartir contenidos, complementándose con el uso de elementos tecnológicos.

    Un saludo!