Infancia e tecnoloxía?

Comentando cunha amiga o funcionamento das clases de Tecnoloxía Educativa, mostroume esta imaxe que chamou moito a miña atención. Como ben se pode ver, o neno da imaxe ten un importante número de xoguetes interactivos: dende peluches de todo tipo e libros para ler ata pinturas para realizar debuxos. En cambio, unha tablet envolve toda a súa atención. Esta é a triste realidade dos nosos días. Moitos pais, prefiren tomar un café con amigos, sen que os pequenos den demasiado a lata. Deste modo, os nenos están entretidos e eles poden disfrutar tranquilamente da conversación. 

Por unha banda, páreceme totalmente normal que un neno se aburra sentado na silla dunha cafetería durante parte da tarde. Son nenos, gústalles moverse, estar activos e xogar, na maioría dos casos. Para que non den demasiado traballo e non se aburran, moitos pais deciden entregarlles o teléfono móbil. É increíble e sorpréndeme moitísimo a facilidade e habilidade que moitos nenos teñen para empregar estes dispositivos. Aínda non sabendo ler, saben os contrasinais de acceso que os seus pais teñen, saben cales son as aplicacións para ver os debuxos e, incluso saben manexar perfectamente un xogo de estratexia, ata podemos atopar algúns que saben como mandar grabacións por Whatssap. Por outra banda, tamén entendo a posición dos pais que, en moitas ocasións, teñen moi complicado saber calmar aos seus fillos e encontrar algo que os entreteña e os faga tranquilizarse.

Dende o meu punto de vista, os pais precisan saber que a solución para entreter aos seus fillos non é entregarlle un móbil ou unha tablet, xa que o único que conseguen é acostumalos a que estes dispositivos están á súa disposición sempre que eles queiran. Paréceme un erro que unha nena ou un neno de 3 anos prefira estar sentado nunha silla coa tablet vendo Pepa Pig, no canto de estar xogando con outros cinco nenos que se divirten tirando bolas de papel dentro dunha papelera. Estou totalmente a favor da introducción das novas tecnoloxías dende o comezo da vida, pero non dun xeito abusivo como neste caso xa que os nenos, no canto de aprender, viven 'prisioneiros' dunha pantalla.

Comentarios

  • Milagros

    Estou totalmente de acordo contigo neste aspecto, xa que hoxe solo se ve´n os nenos e nenas con diapositivos tecnolóxicos en lugar de estar cos amigos nun parque xogando. Parece mentira que os seus propios pais, que tiberon unha infancia máis activa, non usen o seu exemplo para os seus propios fillos. 

  • Karina Estévez Alonso

    Estas en lo cierto Sandra. Las tecnologías nos están consumiendo cada vez más como personas, llegando a que la socializacion y las interacciones se reduzcan al uso de dispositivos, y donde las relaciones interpersonales tienen lugar a través de una pantalla. Con los niños ocurre lo mismo, ya que los padres en lugar de crear interacciones con los mimos y fomentar su desarrollo, lo que hacen es retrasar el mismo puesto que la escasa interacción que establecen es entre ellos y una pantalla de un dispositivo electrónico. Como ya he mencionado en algunas de mis entradas, las nuevas tecnologías ayudan en muchos procesos de enseñanza aprendízaje, sin embargo debemos hacer un uso racional de las mismas y no másivo, evitando que se convierta en una arma de destrucción social. Por ello creo que nuestra labor como pedagogos es tan importante en este aspecto, de forma que se pregunten a ellos mismos como se encuentran en cuanto a competencia digital.

  • Andrea Bermúdez

    Hola Sandra. La imagen que compartes refleja la realidad por la que la mayoría de niños/as están atravesando. Ya no se sienten estimulados por dedicar sus ratos de ocio a jugar con los juguetes tradicionales. Ahora, una Tablet con sus diferentes aplicaciones les ofrece todas esas opciones de una forma más interactiva: si antes se jugaba con un peluche donde desarrollando la imaginación recreabas sus cuidados, ahora, a través de la pantalla puedes tener una mascota que te demanda que lo alimentes, lo asees o le des cariño y puedes ganar puntos por ello. Así mismo sucede con los demás ejemplos que se muestran en la foto; puedes leer cualquier cuento a través de la Tablet o cualquier otro dispositivo, incluso de una forma más interactiva en la que (enlazando con la segunda reflexión que haces) sin necesidad de que tenga que estar presente su padre o madre que le dedique atención, puede escuchar cuentos viendo algún vídeo en youtube o cualquier App.

    Como bien apuntabas, comparto tu opinión acerca de que esta tendencia actual de poner en disposición por parte de los padres a sus hijos dispositivos electrónicos “para que no molesten” es una práctica que se aleja mucho de ser pedagógica. Los padres encuentran en los recursos tecnológicos la solución a sus problemas cotidianos, de falta de tiempo para dedicarle a sus hijos, agotamiento después de ejercer sus responsabilidades laborales, etc. pero si bien puede parecer a simple vista un remedio, a largo plazo está claro que va a tener efectos negativos en cuanto a que se verá mermada la imaginación y creatividad del niño, los lazos afectivos se verán disminuidos en casos más extremos, y se potenciará la individualidad del juego.

  • Noelia Casal

    Boas rapazas. Despois de haber lido tanto a publicación como os comentarios gustaríame ir un pouco máis alá contándovos unha anécdota que me sucedeu onte mesmo. Estaba ceando nun restaurante e na mesa do lado había dous cativos de entre 6 e 9 anos. Ambos tiñan un móbil consigo -quero imaxinar que non era seu propio- e estaban vendo vídeos en Youtube. Un deles, o que semellaba máis maior buscaba con présa vídeos de famosos gamers. O máis pequeno facía o mesmo cun capítulo duns debuxos animados que se chaman Historias Corrientes. A súa nai e o seu pai disfrutaban dunha agradable conversación con outra parella namentras os seus fillos navegaban -sen ningún tipo de supervisión- por unha plataforma chea de bo e malo contido; repleta de consellos, tutoriais para aprender a derivar e integrar e de música para escoitar; pero, ao mesmo tempo, chea de groserías, faltas de respecto e humillacións. A onde quero ir con isto? Son verdadeiramente conscientes os pais de hoxe en día de todo o que poden atopar o seus fillos na rede? E pregúntomo como consumidora de Youtube dende hai anos e como coñecedora de todos os tipos de contido que alí se atopan...

    Estou plenamente dacordo con vós en que utilizar os dispositivos electrónicos como dardos tranquilizantes non é unha acción correcta, pero de facelo, penso que se debería exercer algún tipo de control sobre ese uso.