O meu entorno persoal de aprendizaxe

O meu entorno persoal de aprendizaxe
Por Noelia Casal

Durante a última clase interactiva estivemos analizando os nosos entornos persoais de aprendizaxe. Como se pode observar, no meu existe unha pobreza no referente ao ámbito da organización. Por este motivo, como ben indicamos na aula, vou proceder a probar algunhas das aplicacións que se mencionaron co obxectivo de familiarizarme con elas e engadilas a este esquema. 

Máis adiante farei unha actualización para comprobar se realmente me resultaron útiles -amosando o seu uso e a súa integración na miña rutina- ou non.