Plataforma dixital de lectura

Fai uns días, mentres vía unha serie en Antena 3, vin un anuncio sobre unha plataforma creada por esta cadea de televisión. Chamou a miña atención e comecei a indagar un pouco para informarme de que trataba.

A plataforma recibe o nome de ‘Leemos’, creación da Fundación Telefónica e a Fundación José María Lara que ten como obxectivo fomentar a lectura nas aulas e reducir ao máximo o déficit na comprensión lectora na poboación máis nova, de entre 10 e 14 anos. Esta plataforma dispón dunha gran cantidade de libros de moi diversas características (ficción, aventuras, ciencias...). Esta biblioteca virtual atópase a disposición de todos en formato dixital e de forma gratuíta.

Esta plataforma integra lectura con tecnoloxía. De forma gratuíta moitos usuarios poderán acceder a unha gran e rica variedade de libros do seu interese para poder somerxerse na lectura.

Segundo o último estudo (xuño 2016) do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), os españois seguen sen ler. No barómetro, que contén 2484 entrevistas a cidadáns de máis de 18 anos, que mostran cifras sobre os hábitos de lectura moi pesimistas. Un 39.4% de persoas responden que no último ano non leron ningún libro. Os estudos do CIS, afirman que un 57.5% dos españois nunca acudiron a unha librería e o 74.7% nun visitaron unha biblioteca.

Os datos son alarmantes. Dende o meu punto de vista, a creación dunha biblioteca virtual que se atopa a disposición de todas as persoas é unha boa forma de emprender o espírito lector das persoas. Que os máis pequenos comecen a ler habitualmente, implica que de maiores manteñan o hábito lector que posúen.

Que opinades sobre este proxecto?

Adxunto o enlace da plataforma:

https://www.leemos.es/

WEBGRAFÍA:

Comentarios

  • Nerea Patiño Fontenla

    Ola Sandra. A tua aportación parécememe sumamente interesante, debido a varias razóns: 

    A primeira delas, porque me parece unha forma útil de fomentar o acceso á lectura nos máis xoves, así como me resulta moi positivo que empreguen as potencialidades que nos poden dar as novas ferramentas tecnolóxicas de cara a consecución dos obxetivos que pretende acadar este novo proxecto. Ademais, penso que a través do acceso a diferentes obras de maneira gratuita, non so fomenta a lectura, senón que tamén mellora a súa competencia dixital, posto que a través deste proxecto poden coñecer novas formas educativas para empregar as novas tecnoloxías, xa que é un lugar seguro para a pescuda das obras que máis lles poidan interesar. Así, tamén serve para a curación de contidos, dada a fiabilidade das obras que poden ser publicadas neste novo espazo. 

    Tamén, o feito de que o acceso a lectura das obras sexa gratuita, pode mellorar de maneira significativa o hábito lector en España dende as xeracións máis novas. 

    Finalmente, indicar que me parece interesante que se creen tres espazos diferenciados, como puden coñecer a través da súa web creada e a través da imaxe que nos presentas, donde poden acceder tanto profesorado como educadores/as e familias. 

    A continuación, recollo un enlace web donde a Fundación Telefónica (2017) explica o proxecto, así como un enlace a propia plataforma do proxecto, donde se sitúa a biblioteca coas obras publicadas. 

    WEBGRAFÍA:

    https://www.fundaciontelefonica.com/2017/01/31/leemos-plataforma-gratuita-literatura-infantil-juvenil/ (Fecha de consulta 28/04/2017)

    https://www.leemos.es/?_ga=1.180371951.93069505.1493376290 (Fecha de consulta 28/04/2017)

     

  • Sandra Araujo Javier

    Hola Nerea! Paréceme moi interesante o que comentas de curación de contidos así como de competencia dixital. Tal e como vimos na clase de Tecnoloxía, é increíble a cantidade de información falsa que nos podemos atopar na rede. Deste xeito, persoas de todas as idades asegúranse de que os libros que están lendo son reais e non copias. A verdade e que non me posicionara dende esa perspectiva. Gracias polas aportacións!

  • Milagros

    Creo que este tipo de proxectos son os que hoxe en día e nun futuro terán o seu éxito, xa que as persoas xa non van as bibliotecas ou librerías por un libro, senón que a través de internet descargan os libros que queren leer, ou incluso compran a través da ferramenta da tecnoloxía. 

    Para os máis xóvenes será unha gran comodidade este tipo de bibliotecas online. Debido a que xa dende a casa poderán acceder a calquera tipo de documentos que necesiten, tanto para realizar un traballo ou simplemente para ler.