Reflexionando a teoría na práctica

Reflexionando a teoría na práctica
Por Sonia Tarrío

A primeira e novidosa experiencia persoal do Practicum I foi realizada no CODI (Centro Ocupacional para persoas Discpacitadas) do Concello de Valga.  Resultou ser unha experiencia moi enriquecedora chea de aprendizaxes e contidos que se foron desenvolvendo durante as sesións didácticas das correspondentes materias da titulación. 

Non obstante, coa reflexión levada a cabo en Tecnoloxía Educativa, púdose comprobar como a presencia de tecnoloxías neste ámbito era case inexistente. Dita reflexión propiciou a oportunidade de ofrecer unha mellora e contribución neste aspecto para un mellor desenvolvemento socioeducativo dos usuarios.

Como na maioría de institucións existen recursos e medios para levar a cabo unha acción educativa sobre unha perspectiva tecnolóxica para enriquecer e facilitar o proceso, pero paralelamente, ten lugar unha escasez de formación ou competencia adecuada por parte dos profesionais ao cargo. Na infografía amósase unha perspectiva sobre os principais contidos que teñen lugar no CODI facendo referencia á posibilidade de mellora que se podería ofrecer para un mellor desenvolvemento e progreso do mesmo.

"Los apoyos tecnológicos son todo tipo de equipos o servicios que pueden ocuparse para favorecer las capacidades funcionales de las personas con discapacidad en su vida independiente". (Luna, 2013)

 - Luna, M.R. (2013). Tecnología y discapacidad: Una mirada pedagógica. Revista Digital Universitaria. 14(12). Recuperado de http://www.revista.unam.mx/vol.14/num12/art53/