Infografía Practicum I ACEM

Infografía Practicum I ACEM
Por Alejandra Garcia Pazos

Con relación ás prácticas realizadas coa miña compañeira Nicole en ACEM, Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple e aínda que a tecnoloxía non está moi presente no seu día a día, si que podemos relacionar algúns conceptos da materia coa acción e a labor que alí se realizaba.

Por un lado o uso das tecnoloxías, aínda que non moito, estaba presente, xa que algunhas das sesións que se realizaban tanto coa fisioterapeuta do centro como co logopeda, precisaban de material como as pizarras electrónicas, para unha aprendizaxe máis amena e interesante. Dentro de este termo temos o das novas tecnoloxías, que tamén están presenten como un telefóno móvil propio do centro, varios ordenadores á disposición dos usuarios, pizarra electrónica, etc.

Por outra banda as redes sociais son unha plataforma que está moi presente nesta Asociación, xa que dende hai uns anos contan cunha páxina oficial de Facebook e de Twitter, a través das cales informan de todo o que se realiza no centro así como de noticias e artigos que poidan ser de interese para os seus seguidores, sempre en relación coa esclerose múltiple.

Despois están os nativos e inmigrantes dixitais, que neste caso, só farei referenza ós últimos, posto que a xente que acudía a esta asociación naceron antes dos 90, é dicir, antes da era dixital, motivo polo cal se tiveron que adaptar a estas novas tecnoloxías. Na asociación podemos ver como a moitas persoas lle costa o feito de ter que entrar en internet desde un ordenador ou usar a pizarra eléctrica. Un alto porcentaxe destas persoas descoñecen a existencia das redes sociais da ACEM e moitas outras non entenden o seu uso.

Non foi posible relacionar máis conceptos coa materia posto que esta asociación céntrase máis no traballo persoal e individualizado con cada persoa e déixase un pouco á marxe a tecnoloxía.

Outros conceptos que traballamos na materia son:

  • Tecnología educativa.

  • Procesos de formación.

  • Competencia digital.

  • Protección-uso responsable.

  • Big data.

  • Viejas y nuevas tecnologías.

  • Brecha digital de género.

  • Curación de contenidos.

  • Infoxicación.

  • Sociedad de Información.

  • Aulas del futuro.

  • E-learning.

  • Era digital.

  • Identidad digital.