Facebook vs Fake News

Facebook vs Fake News
Por VanesaPais

Con motivo das útlimas clases pareceme interesante coñecer as estratexias que emprega unha das redes sociais máis empregadas por todas nós, como é o caso de Facebook, para detectar noticias falsas. Cada unha de nós lee e comparte noticias e imaxes sen afondar, na maioría dos casos, na súa veracidade o que fai que nos convirtamos en partícipes da súa repercusión. Na miña opinión as redes sociais e outros tipos de medios de comunicación carecen de suficientes filtros para detectar a veracidade das noticias que saen a luz pública e as estratexias que levan a cabo, como no caso de Facebook, soen ser insuficientes para combatir as denominadas fake news. Vós que pensades? Credes que esta nova estratexia que adopta Facebook será suficiente para loitar contra as noticias falsas?