Remembering...

Tras unha etapa sen publicar debido ao Practicum I, esta primeira entrada recollerá a miña estancia en ATEGAL nunha infografía, que é unha combinación de imaxes sintéticas, explicativas e fácil de entender e textos co fin de comunicar información de maneira visual para facilitar a súa transmisión.

ATEGAL é a Asociación Cultural Galega de Formación de Adultos, e conta con nove centros, estando a súa sede en Santiago de Compostela, e onde realicei as prácticas. É unha entidade sen fins de lucro, colaborada da Xunta de Galicia.

Esta institución consta dunha serie de obxectivos, entre os que cabe destacar os seguintes, (ATEGAL, 2017):

- Fomentar a autonomía das persoas e formalas ante os retos que presenta unha sociedade que envellece para alcanzar un benestar que permita o “ben vivir”.

- Facilitar a convivencia entre as propias persoas da terceira idade cos máis mozos a través de intercambios e debates interxeneracionais, así como a adaptación á situación da xubilación.

- Promover a cultura entre todas as persoas maiores, facilitándolles a adquisición de novos coñecementos e a actualización dos que xa posúen.

Este último obxectivo relacionámolo coa competencia dixital, xa que estas persoas son inmigrantes dixitais, porque son persoas de 65 anos ou máis, polo que se pode contextualizar a este colectivo como terceira idade. É preciso a adquisición de competencias básicas das novas tecnoloxías, xa que deste xeito, enriqueceríase a vida persoal deste colectivo. A situación actual da brecha dixital pode producir unha exclusión social das persoas de maior idade.

Considero que ATEGAL pretende emendar estas necesidades básicas actuais, mediante a integración das tecnoloxías nas súas aulas, centrándose, especialmente, nos beneficios que estas poden ter na terceira idade. Destacando, deste modo, a adquisición no curso de smatphone, aplicacións sinxelas como Sergas, Medicamento Plus e + Bus, entre outras.

 Referencias bibliográficas:

Aldrey Váquez J.A. e Del Río Franqueira (2014). Crónica dun envellecemento anunciado: Galicia 2015-2030. Recuperado de: http://www.agepoblacion.org/images/congresos/sevilla/DOC6.pdf

ATEGAL (2018). Memorias anuais. Recuperado de: https://www.ategal.com/

 

Velaquí deixo a Infografía que realicei sobre ATEGAL.