Compoñentes dunha WebQuest

A continuación, subo este archivo xa que segue en relación á miña anterior entrada ó blog referida ás WebQuest, pois mostra cales son as compoñentes fundamentais da mesma: 

- INTRODUCIÓN: clara e que proporcione a información necesaria para iniciar a actividade.

- TAREFA: central, interesante, motivadora e concreta. 

- RECURSOS: unha colección de recursos, fundamentalmente sitios webs onde atopar a información necesaria.

- PROCESO: describir paso a paso o proceso que se utilizará para a tarefa, que mostre as pautas para organizar a información adquirida. 

- CONCLUSIÓN: lección de peche da tarefa onde se repase o que os alumnos/as aprenderon indicando como pode ser aplicado noutros temas. 

- AVALIACIÓN: avaliar o traballo realizado polos alumnos/as no desenvolvemento da tarefa designada. 

 

Para completar máis esta información recomendo visitar o documento ó que fixen referencia na miña entrada, (PÁXINAS 35-40) a través do seguinte enlace: http://es.scribd.com/doc/3781654/TICs-Educacion-Universitaria#page=6