Retos ao desenvolvemento na "Era Dixital"

Este arquivo amosa un estudo comparativo, desenvolto en América Latina, que nos amosa a través de datos a crítica situación que están vivindo estes países, no referente ás novas tecnoloxías.

Pareceme un documento moi interesante, posto que non so se centra no uso das TIC e na inclusión nas mesmas no día a día das persoas, senon que tamén dalle un enfoque máis persoal, é dicir, ten en conta as características socias que diferencian o contexto latinoamericano.

Quixera chamar a atención cobre o concepto de "Fenda Cualitativa", é dicir, do ancho de banda, da capacidade de conectividade internacional, o cal garda unha forte relación co desenvolvemento social e económico.

E con isto quero dicir, que nos tempos que corren a inclusión dixital é algo custoso e determinados territorios non poden facer fronte a estes gastos, xa que a situación que viven é, realmente, dramática e viven en entornos "hostis" que non permiten unha correcta chegada ou adaptación das TIC aos mesmos. Con isto pretendo dicir que a fenda dixital non só se debe ter en conta entre países,  senon tamén dentro da mesma sociedade.

As novas tecnoloxías forman o piar base da globalización, polo que unha área sen elas é un área "cega" . Así mesmo, establece moitas diferencias con respecto á resposta as necesidades que poidan xurdir.

A información, a día de hoxe, é considerado como un ben material básico para o pleno desenvolvemento, non só territorial, senon tamén persoal. 

Con isto só me queda preguntar ata que punto as TIC controlan o rango que imos ocupar no mundo?