Sociedade do Futuro: Impacto na Educación

Esta investigación de René Herrera Santana trata o tema do cambio paradigmático que sofre a sociedade e que repercuten, directamente, na educación, aínda que a pesares disto, o sistema de ensinanza, a miúdo, permanece analterable, facendo que a súa adecuada integración chegue tardiamente. 

Como xa sabemos, a nova sociedade está caracterizada polas novas tecnoloxías as cales modificaron, en gran medida, os xeitos de transmisión da información e de socialización, entre outros.

Pareceume interesante deixar aquí as reflexións que se recollen neste documento, xa que expón de xeito claro e breve as principais influencias das novas tecnoloxías, así como os cambios que se desenvolveron no día a día do individuo, a raíz da implantación das TIC.