A ferramenta Cmap Tools mellora a aprendizaxe colaborativa na aula virtual USMP

Este artigo ten como obxectivo, dar a coñecer que o uso da ferramenta Cmap Tools na aula virtual mellora a aprendizaxe colaborativa nos estudantes de posgrao da USMP Virtual. A investigación realizouse nas aulas virtuais da USMP Virtual tendo como base as teorías pedagóxicas do constructivismo, construccionismo e conectivismo, así como un modelo pedagóxico propio. Os resultados da investigación mostraron que o uso da ferramenta Cmap Tools, mellora a aprendizaxe colaborativo.

CmapTools é un programa libre que funciona correctamente en sistemas operativos Windows, Linux e Mac. O programa foi desenvolvido polo Institute for Humane & Machine Cognition, de Florida. No equipo que se encargou do seu desenvolvemento atópase o prestixioso investigador Joseph D. Novak, pai dos mapas conceptuais.
CmapTools é un programa gratuíto para os centros educativos e as entidades sen ánimo de lucro. Entre as súas características principais podemos mencionar:

  • Permite crear mapas conceptuais de calquera tipo e establecer relacións entre os objectos.
  • Aos conceptos pódeselles engadir recursos de audio, vídeo, texto, etc.
  • Os mapas xerados con Cmaptools poden ser exportados en distintos formatos.
  • Permite o traballo en colaboración en Internet.

Paréceme moi interesante a idea de fomentar a aprendizaxe colaborativa, a través das novas tecnoloxías. A idea de transmitir valores a través das TIC rompe co prexuízo existente que fala da deshumanización das mesmas. A consideración de que as novas tecnoloxías desembocan nunha individulización das condutas contan con detractores, así como con ferramentas como é a Cmap Tools que avogan polas TIC como medio de transmisión de valores e modelos de conduta.