Luis Miguel Velay Vivel

Despistado por tratar de atender a mil cosas al mismo tiempo, pero currante e interesado en mejorar en todo momento.

Asesoramento

Asesoramento
Por Luis Miguel Velay Vivel

Considero bastante axeitado comezar o meu blog cunha foto que penso que non só está relacionada co asesoramento, senón que tamén reflexa un o estado da maioría dos alumnos ó embarcarnos nesta nova forma de traballar, que non é outra que mediante un portafolios dixital.
Para comezar direi que é a primeira vez que emprego esta metodoloxía de traballo, por iso é normal que teña bastantes dúbidas sobre como realizar o traballo de forma óptica; non obstante isto non implica unha negativa pola miña banda contra esta forma de traballo, todo o contrario; pois penso que isto supón un novo reto na miña formación educativa e espero que me aporte unha nova forma de traballo útil e interesante. Polo tanto espero que estas dúbidas se vaian despexando a medida que imos traballando e avanzando na asignatura e que ó final queden todas resoltas e todos disfrutemos dunha experiencia satisfactoria.
Na seguinte entrada expoño aqueles datos relevantes que atopei sobre o que é o asesoramento e qué implica, logo de realizar pesquisas no material de clase do ano pasado.
Un saúdo a todos e moito ánimo.