Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

Guía do Asesor/a

Bos días, somos o grupo Pentagrama!

Debido ás dúbidas xurdidas na última sesión con referencia á “Guía do Asesor”, dispoñémonos a clarificar diferentes aspectos desta.

En primeiro lugar, dito manual ten como obxectivo principal mellorar o proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polos suxeitos mediante a súa experiencia laboral ou de vías non formais de formación. Isto garante homoxeneidade, validez e fiabilidade no proceso de asesoramento. A finalidade desta guía é, servir de apoio ó asesor/a na súa labor.

O seu marco legal está contido na Lei Orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional e no Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral.

A Guía do Asesor é unha parte do Manual de Procedemento, xunto con outras dúas guías: Guía do Avaliador/a e Guía da Persoa Candidata.

A estrutura de dita guía, comeza indicando cales son as funcións e as tarefas do asesor para así concretar o perfil do profesional. Nun seguinte apartado, inclúense unhas pautas sobre o proceso de asesoramento á persoa candidata, as súas modalidades, e a xestión interna. Para apoiar este asesoramento faise uso dun instrumentos de apoio, os cales veñen recollidos nos anexos. Finalmente, ten unha sección sobre a calidade do asesoramento.

Dependendo da necesidade de información que precise o asesor/a, poderá consultar a guía de diferentes formas, dado que os contidos xa están estruturados dun xeito no que o profesional poida adecualos as súas esixencias.

Despois de revisar a Guía do Asesor/a concluímos que é algo que pode ser moi útil para adquirir competencias sobre o asesoramento a outras persoas. Cremos que esta Guía é pouco coñecida polos profesionais de calquera ámbito porque, por unha banda, está bastante “escondida” ó estar englobada dentro doutro manual; e pola outra, estes suxeitos non reparan en que unha das súas funcións podería ser asesorar dentro do seu ámbito profesional.

GUIA ASESOR.pdf