Os mestres e mestras da Segunda República

Os mestres e mestras da Segunda República
Por Pablo Comentarios (1)

Ola a todas e todos,

nesta ocasión quero compartir convosco un debuxo de Castelao, que recolle moi ben o sucedido durante a Guerra civil en España cos mestres e mestras que exercían a súa profesión docente durante a Segunda República. Onte, non só foi o día dos dereitos do neno e da nena, senón tamén o aniversario da finalización da dictadura franquista neste país. Por iso, quero facer un recordatorio a todos aqueles mestres e mestras, e aos seus familiares, que foron perseguidos, represaliados, martirizados e asasinados, polo simple feito de ser mestres e mestras durante a Segunda República. Etapa que se caracterizou por establecer unha reforma global do sistema educativo, que incluíu, entre outros aspectos, a construción de escolas, a dignificación da figura do mestre e mestra, o fomento dunha pedagoxía activa e participativa e a concepción laica da ensinanza.

Co paso do tempo, é moi fácil esquecerse da gran labor que exercían estes mestres e mestras, achegando a cultura a toda a poboación, especialmente aos máis desfavorecidos, dunha forma tan humilde e pedagóxica.

Por iso, e perdoademe pola crueldade do seguinte relato, describo aquí o seguinte feito, extraído do libro "Maestros de la República. Los otros santos, los otros mártires" (María Antonia Iglesias. Editorial la esfera de los libros. Año 2010)

"Lo prendieron y se lo llevaron, mientras su madre pedía que lo dejasen. En La Muiña pararon para comer y beber en la taberna de mis abuelos y lo dejaron atado a una argolla que se utilizaba para atar el ganado. Mi abuela intentó darle agua y no le dejaron. Le dieron en cambio unas patadas. Y siguieron bebiendo, probablemente para coger fuerzas. Después se dirigieron por la sierra en dirección a Montecubeiro, que había sido declarada zona de guerra y donde un teniente coronel de la Guardia Civil se encargaba de hacer valer la fuerza del terror. Algunos de los que con él iban, hicieron sin esfuerzo parte de la subida, pues subieron a caballo del maestro de San Bernabé. Y en la sierra de Montecubeiro sucedió lo que resulta más estremecedor. Le cortaron los testículos. Le quitaron los ojos. Le cortaron la lengua. Y lo remataron a palos y a tiros de escopeta. Era el primero de Septiembre de 1936." NARCISO DE GABRIEL Y XOSÉ MANUEL SARILLE, Arximiro Rico, Luz dos humildes. Vida e morte dun mestre republicano.

Situacións como a que aquí se relata, non poden caer no olvido. Os corpos de todos estes mestres e mestras,  non foron cadáveres, senón sementes das cales nós somos o froito. Cidadáns libres e con dereitos adquiridos co paso dos anos. Teñamos todos e todas, o recoñecemento e recordo para estes mestres e mestras, que foron unha referencia como persoas e como mestres na educación deste país.

Un saúdo

Comentarios

  • María Gómez Rodríguez

    Hola Pablo estou totalmente de acordo contigo. Durante a dictadura franquista cometeronse moitas inxistizas e asasinatos, contra mestres e non mestres. Por iso estas persoas non poden caer no olvido, e temos que recordalas porque gracias a ela agora nos temos moitos dereitos e liberdades polas que eles tiveron que loitar co risco de quedar sen vida.