Trabas á educación

Nesta imaxe podemos observar unha visión caricaturizada sobre ás trabas á educación, que non dista moito da realidade na que vivimos. Como ben sabemos, o sistema educativo non pasa polo seu mellor momento, xa que é o centro de todas as miradas que traman os recortes. A educación pública corre o risco de ver empeorada a súa calidade; a causa do endurecemento das esixencias, cando se lle negan moitos dos recursos que precisa. A actual coxuntura desembocou nunha política de austeridade, que amenaza con apartar aos sectores máis vulnerables do ámbito escolar.

Porén, determinados sectores que prometen aportar moitos beneficios económicos contan cunha gran flexibilidade lexislativa.

 

 

Este arquivo foi extraído de "La colmena pedagógica", unha rede social de educación.