Autoformación do profesorado

O presente documento responde ao nome de “autoformación do profesorado. Colaboración a través da rede” e foi desenvolto por Manuel Area Moreira.

O que fai particular a este arquivo é que trata sobre a aprendizaxe colaborativa a través das TIC, é dicir, coma os profesores poden aprender os uns dos outros, en liña, e como poden traballar en equipo e solventarse mutuamente as dúbidas e conflitos que se presentan no seu día a día.

Así mesmo, neste arquivo amósanse diferentes emprazamentos on-line que poden ser empregados como ferramentas e instrumentos para mellorar a súa formación, así como o seu traballo.

Por outra parte, o autor tamén propón que os profesores sexan quen de proxectar a autoformación aos seus alumnos, como nova metodoloxía. Dende a miña propia experiencia con autoformación, que é o que cre que todos estamos logrando a través da rede stellae, considero que esta pode ser vantaxosa e enriquecedora para calquera, sempre que o profesor o oriente do xeito adecuado, é dicir, que esperte nos seus alumnos a curiosidade e o interese por traballar na materia, non só no explicado en clase, senón que, pola súa conta, sexan quen de procurar información de diferentes partes, ser quen de escoller e desbotar cando o consideren oportuno... Sería o xeito máis correcto de fomentar o espírito crítico, de forxar opinións propias e persoais, de crear personalidades enriquecidas...

En resumo, a autoformación non só é un proceso interesante para os profesores, senón tamén para os alumnos, quen, non o esquezamos, son os encargados de facer que a educación continua sexa necesaria.