Necesidades de formación: Perspectivas reais.

Deixo aquí unha investigación, desenvolta por Martina Pérez Serrano, dende o departamento de Didáctica e Teoría da Educación; sobre as necesidades de formación do profesorado. Esta pretende responder á pregunta: cales son as necesidades de formación que senten ou perciben os mestres de Educación Primaria e os de Secundaria na súa práctica diaria?

Para isto emprega o cuestionario e a entrevista semiestruturada como instrumentos de recollida de información.

Hei de reseñar que dende o documento fan fincapé en que a formación permanente do profesorado é un dos piares básicos sobre os que se sustenta a calidade da educación.

As principais ideas que podemos extraer do estudo, ideas que coinciden con investigacións anteriores son:

-       Os profesores consideran que a súa formación específica é adecuada para o seu traballo en concreto; non así para desenvolver determinadas tarefas que se lle foron outorgando aos profesores co devir do tempo.

-       Consideran que tiveron un formación práctica escasa.

-       O profesorado presenta un alto interese por alcanzar unha boa actualización científica e profesional.

 

Este estudo só é un exemplo práctico máis que pon de manifesto a necesidade da formación permanente do profesorado, posto que está non só é o xeito de manter ao profesorado actualizado, senón de lograr alumnos preparados para o mundo ao que se van enfrontar. O long – live learning, non só garante a calidade da educación, asegura, tamén, unha maior rendabilidade do sistema.