A Rede IRES en contra dos recortes á educación pública

A Rede IRES (Investigación e Renovación Escolar), en representación dun amplísimo colectivo de docentes de todos os niveis educativos asina un manifesto contra as agresións e os recortes que está a sufrir o sistema educativo.

É interesante ver coma os recortes no ámbito social, apenas contan con apoio dentro da comunidade.

O lema "Para salvar a situación, hai que recortar en educación" parte de premisas equivocadas, que van traer consecuencias nefastas para todos os usuarios da educación pública, así como para o propio Estado, quen verá como o número de persoas competentes en diferentes materias se verá, enormemente, reducido e non poderá presentar plans nin proxectos innovadores, por falta dos recursos máis importantes para a economía mundial: formación de calidade, inxenio e creatividade.