Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Influencia negativa das tecnoloxías

Mediante esta viñeta doume de conta de tres grandes problemas:

- Por unha banda, o feito de que o rapaz estea xogando coa que semella ser unha play station fai que deixe a un lado as súas tarefas escolares, polo que lle repercutirá na súa educación e formación futura.

- Doutra banda, obsérvase como a tecnoloxía da lugar a disputas familiares que, sen a súa existencia (neste caso da play station) non acontecerían.

- Finalmente, aínda que non ten que ver coa tecnoloxía, amósase como é o rapaz o que exerce o poder e a autoridade sobre o pai, alegando denuncialo por acoso escolar. Polo cal se presenta un gran apoio ós menores por parte da política, apoio que, na miña opinión os menores non saben empregar ou utilizan de mala maneira para fins incorrectos, en moitos casos (como é o exemplo da viñeta) empregándoo para facer dano á propia familia cando esta vela polo ben do propio rapaz.

Agardo que vos sexa de interese a viñeta.