Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Ciberbullying: son as tecnoloxías as causantes deste problema?

Como apoio á derradeira entrada subida, amoso esta imaxe. Nela preséntase como un rapaz vítima de ciberbullying ten medo ó exterior, xa que un aspecto que se comentaba na entrada sobre esta tema, é o anonimato que caracteriza ó ciberbullying, facendo que desconfiemos de tódalas persoas, e deste modo, influindo notablemente nas nosas relacións sociais e na nosa saúde psicolóxica.

Comentarios

  • Nerea Bastón Martínez

    O certo é que non podo chagar a imaxinar o que é ter que vivir así, non poder fiarte nin da túa propia sombra. Sempre existiu o bullying e como non no mundo tecnolóxico tamén se tiña que desenvolver esta práctica por moi cobarde que sexa, é triste dicilo pero as novas tecnoloxías facilitan o acoso en moitos aspectos. En certo sentido as familias aquí teñen un papel clave para evitalo ou detectalo a tempo, aínda que paradóxicamente coas TIC's a distancia entre os membros da familia parece que medra.

  • Berta Varela Garcia

    Moi de acordo Nerea, as tecnoloxías favorecen moitos perigos e maltratos, sendo máis graves que se acontecen na realidade propia carente de tecnoloxía. Verdadeiramente coas TIC´s o distanciamento entre os membros da familia faise maior como ben dis, do mesmo xeito creo que a familia pode ser quen de evitar ou detectar o ciberbullying sempre que sexa de maneira preventiva, non cando xa se está desenvolvendo, o problema radica na formación previa ó problema e na prevención dos posibles perigos.

    Gracias polo aporte! Wink