Google, non eres único!

As dúas clases anteriores fixeronme pensar nunca cousa, dependemos tanto de Google para a busqueda de información? Somos capaces de comezar un traballo buscando aqueles buscadores que nos resulten máis fiables para acadar información?

Persoalmente eu non o fago, comezo os meus traballos poñendo palabras clave en Google para ver que tipo de información me aparece sen darme conta que existen outros moitos buscadores que nos proporcionan máis e mellor información. Se hai algo que saquei en claro destas dúas clases teóricas é que un primeiro paso para un traballo máis eficaz consiste en saber buscar e seleccionar información. Non é unha tarefa sinxela pero tampouco imposible.

Con todo isto, non considero que o uso de Google sexa unha tarefa erronea que deba ser correxida, todo o contrario senón que debemos diminuir algo a busqueda de información mediante este buscador para dar uso a moitos outros que, na maioría dos casos resultannos descoñecidos. Consiste en abrir novos camiños, novas posibilidades de busqueda de información que nos poden facilitar en moitos casos o traballo pois, cantos de nos pon unha palabra clave en Google e aparecenlle tantos enlaces que non sabe por donde comezar? Tratase de contrarrestar información, aprender a decidir e seleccionar aquela máis relevante pois non deixa de ser algo máis da nosa tarefa como futuros profesionais da educación.

Comentarios

  • coral lopez lozano

    Estou moi dacordo contigo, nada máis abro o meu navegador o primeiro que me aparece e Google,e stou tan familiarizada co seu uso que case me parecía inverosímil que poida utilizar outro tipo de buscador. Teño que dicir que ao igual que a ti, estas dúas últimas clases me valeron de moito para darme de conta da importancia que teñen outros buscadores, sobretodo no noso eido. A verdade é que Google pode que sexa case unha enfermedade.