¿Realidad o exageración?

Comentarios

  • Berta Varela Garcia

    Totalmente real Marta Smile. Considero que hoxe en día os nenos non empregan tanto a cabeza, no sentido de que non razoan moitos feitos que suceden na realidade actual, axúdanse a apóianse na tecnoloxía. Isto no pasado non ocorría, o que me leva a reflexións que teño comentado nas entradas ó blog: dependencia das tecnoloxías, baixa capacidade dos nenos para reflexionar, comodidade...

  • Sergio Rodriguez Diaz

    Eu sen embargo penso que é un pouco esaxerado (aínda que tampouco lle falta algo de razón). Coido que a tecnoloxía case sempre estivo presente na escola, dun xeito ou outro. O que sucede é que nos últimos tempos o avance tecnolóxico foi tal que aínda non nos deu tempo a asumilo por completo. E por iso é tan neceserio educar no uso axeitado da tecnoloxía. O problema non está nos netbooks, nos pendrives ou nos ipads, senón no uso e aproveitamento educativo que se fai dos mesmos. A escola moi habitualmente usa métodos do século XIX para traballar con tecnoloxías do XXI. Aí está o problema ao meu parecer.

  • MartaValcarcelRubinos

    Pero é moi diferente a tipoloxía de tecnoloxía, cómo che fan aprender, a facer, a ser ou mesmo a relacionarte. Baixo o meu punto de vista non é que se pense máis ou que se pense menos (hoxe en día, hai que razonar bastante para chegar a comprender o funcionamento de certa tecnoloxía), senón que se pensa diferente a través de medios diferentes. Eu persoalmente vexo unha esaxeración a imaxe encanto ao ton irónico có cal se pode interpretar, xa que cando ti estás aprendendo a través da tecnoloxía  esta abreche coñecemento, máis do que ti mesmo tes na cabeza, vale que dende un libro isto tamén é así, pero non de maneira tan rápida e eficaz.