Berta Varela Garcia

Son a típica rapaza inconformista, loitadora, positiva, esixente e traballadora, pero o adxectivo que me define por excelencia é o de aventureira, adoro os retos, os desafíos, os perigos...e sobre todo adoro a vitoria unha vez conseguidos.

Nun futuro traballaremos dende a casa ou como dende sempre?

Como axuda á miña derradeira entrada, subo esta imaxe, dende o meu punto de vista, significativa, de como a tecnoloxía nos pode modificar os esquemas de pensamento ou de actuación, por exemplo. Así, na entrada ó blog expoño como nun futuro considero que moitos de nós desempeñaremos a nosa profesión mediante o teletraballo ou traballo a distancia. Deste modo, traballaremos mediante as tecnoloxías, o noso tempo de lecer adicarémolo ás tecnoloxías, comprarémos mediante as tecnoloxías...e tamén pensaremos igual que o fan as máquinas debido ó contacto coas tecnoloxías en vez de coas persoas??